Como non podía ser doutro xeito e coincidindo co festival de Cannes, arranca outro ano máis para celebrar a sua cuarta edición, o festival con máis agroglamur do mundo audiovisual. Unha pequena aldea chamada Cans no Concello de O Porriño (Pontevedra) é a que nos permite disfrutar do noso propio "cans" un pouco máis económico. Temos alfombra vermella e moita música, e o máis importante: as ganas de pasa-lo ben.
Imaxinación non falta e tampouco boa vontade. Así durante os días 24, 25 e 26 de Maio os alpendres e as adegas dos viciños transformaranse en pequenas salas de proxección onde os visitantes podemos disfrutar das mellores creacións galegas deste último ano. Para o noso desprazamento entre as salas teremos os "chimpibuses" que non son outra cousa que os tractores dos viciños.
Nun total de sete salas podemos disfrutar dos 19 proxectos (12 de ficción e 7 de animación) que este ano se presentan a concurso. Invítovos a ir e disfrutalos!!
Dende aquí darlle as grazas a Asociación Cultural Arela e as xentes da aldea de Cans que, por uns días, mudan as suas actividades cotiáns e nos acollen cun sorriso nas suas vivendas.
Viva o "jalpón friki"!!!
Deixovos aquí unha mostra do bo momento que está vivir o audiovisual galego, cunha curtametraxe chamada "O Funeral" de Chourizofilms cun pouco dese humor negro que tanto nos caracteriza.
Para este outro non sei me faltan ou me sobran as palabras, para os que me coñecedes sabedes que un día haberá un post sobre as queimas dos nosos montes. O meu recoñecemento tamén para este "Apocalise Nau" de Bernal Rúa, Héctor Barandela, José Manuel Varela e Manuel Tarrío.
Só me queda recomendarvos a páxina da Axencia Audiovisual Galega onde podedes atopar moitos máis cortos tanto actuales como antigos, documentais, videoclips... e un largo etcétera meidin Galicia