26 de mayo de 2007

de Cannes a Cans

Esta fin de semana celébrase o noso festival de cine máis coñecido: o festival de curtametraxes de Cans.

Como non podía ser doutro xeito e coincidindo co festival de Cannes, arranca outro ano máis para celebrar a sua cuarta edición, o festival con máis agroglamur do mundo audiovisual. Unha pequena aldea chamada Cans no Concello de O Porriño (Pontevedra) é a que nos permite disfrutar do noso propio "cans" un pouco máis económico. Temos alfombra vermella e moita música, e o máis importante: as ganas de pasa-lo ben.

Imaxinación non falta e tampouco boa vontade. Así durante os días 24, 25 e 26 de Maio os alpendres e as adegas dos viciños transformaranse en pequenas salas de proxección onde os visitantes podemos disfrutar das mellores creacións galegas deste último ano. Para o noso desprazamento entre as salas teremos os "chimpibuses" que non son outra cousa que os tractores dos viciños.

Nun total de sete salas podemos disfrutar dos 19 proxectos (12 de ficción e 7 de animación) que este ano se presentan a concurso. Invítovos a ir e disfrutalos!!

Dende aquí darlle as grazas a Asociación Cultural Arela e as xentes da aldea de Cans que, por uns días, mudan as suas actividades cotiáns e nos acollen cun sorriso nas suas vivendas.

Viva o "jalpón friki"!!!

Deixovos aquí unha mostra do bo momento que está vivir o audiovisual galego, cunha curtametraxe chamada "O Funeral" de Chourizofilms cun pouco dese humor negro que tanto nos caracteriza.


Para este outro non sei me faltan ou me sobran as palabras, para os que me coñecedes sabedes que un día haberá un post sobre as queimas dos nosos montes. O meu recoñecemento tamén para este "Apocalise Nau" de Bernal Rúa, Héctor Barandela, José Manuel Varela e Manuel Tarrío.

Só me queda recomendarvos a páxina da Axencia Audiovisual Galega onde podedes atopar moitos máis cortos tanto actuales como antigos, documentais, videoclips... e un largo etcétera meidin Galicia

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha boa iniciativa dos nosos paisanos, aínda que só sexa para que falen de nós. Mágoa que o auxe do audiovisual galego non sexa mais ca unha utopía, alomenos mentres teñamos que seguir emigrando para poder traballar neste campo.Cans fica coma unha mostra mais do inxenio popular aínda que adoezamos dunha industria mais ca necesaria. Bicos dunha emigrante

ojos oceánicos dijo...

Agardemos que pronto as produccións galegas acaden o nivel superior as nacionais. Polo de agora podemos presumir de ter unhas animacións que compiten a nivel mundial.
bicos emigrada

Unknown dijo...

Escoitei este ano por primeira vez do Festival de Cans; chamoume moito a atención e procurei ler algo sobre él... a verdade é que me parece unha idea fantástica, cun toque desa retranca que tanto caracteriza á nosa terra... o ano que ven, se podo amañar, procurarei pasar por alá...

En canto as dúas curtametraxes que puxeches, fantásticas... sempre me pregunto por qué os cines non nos poñen curtametraxes antes da proxección das películas en vez de esa publicidade infame que nos obrigan a ver... ben, realmente podo supoñer que mandan os cartos, e que, ó mellor, teñen medo de que nos guste ver bó cinema, cinema de verdade...

Unha aperta dende O Salnés...

ojos oceánicos dijo...

benvido de novo delokos:
a verdade a que deberíase promocionar máis o mundo da curtametraxe nos cines e nas televisións. Só 5 minutos cando remate o telexornal serían suficientes e sería un gran estímulo para a xente que traballa neste mundo.

un biko da "cascarilleira"

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.